Neste 3º trimestre, cada alumno/a levará cada venres un conto da biblioteca do centro para ler na casa o fin de semana. Algún destes días (non sempre para que non asocien o ler un conto con facer un «traballo») levarán unha ficha para realizar nos seus fogares. A través delas imos a reflexionar acerca dos distintos elementos do conto, xa que cada unha céntrase nun deles: portada, personaxes, lugar no que se desenvolve a acción e partes do conto (introducción e desenlace). Déixovolas por aquí por se son do voso interese.