Fontes de texto escolares para descargar

Fontes de texto escolares para descargar

O curso pasado (grazas Lucía) descarguei un tipo de letra (a «ligada”) que non vén por defecto nos procesadores de texto e que me foi moi útil á hora de elaborar material para o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos). Agora, acabo de descubrir unha fonte moi interesante para os de 4º de EI (3 anos) para repasar letras de puntiños e outra que simula escritura de nenos para utilizar en presentacións, dípticos, carteis…. Seguro que moitas de vós xa as coñecíades, pero para as que non, aquí vos deixo un exemplo de cada tipo de letras e os arquivos listos para descargar e instalar no voso ordenador (por se vos gustan e as vedes útiles para elaborar o voso material). Unha vez instaladas, xa as deberíades poder seleccionar en todos os editores de texto que teñades no PC.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.25.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Masallera.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.31.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Codystar.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.46.27

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte kindergarten.

Esta última descargueina da web dafont.com, a cal vos recomendo para descargar outras fontes escolares ou de calquer tipo (artísticas, temáticas…). Nela podedes buscar por categorías (escolar, manuscrito, Halloween, natureza, música…) e encontrar fontes tan chulas como estas para o Nadal, por exemplo:

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.38.55

Un comentario en “Fontes de texto escolares para descargar

  1. Moi boa entrada David! Resulta moi interesante non só para mestres senon tamén para calquera persoa que desexe coidar un detalle que moitas veces se pasa por alto e que para o meu parecer é un valor engadido como son as tipografías á hora de levar a cabo un proxecto de calquera natureza.

    Le gusta a 1 persona

Deja un comentario