DOC, o robot de Clementoni para Educación Infantil

DOC, o robot de Clementoni para Educación Infantil

DOC recórdanos ao clásico Emilio. Con el, os nenos de 3 a 7 anos poden dar os seus primeiros pasos na programación e desenvolver o pensamento lóxico.

É exactamente igual ao BeeBot/BlueBot en canto ao seu funcionamento (cada paso son 15 cm.) pero co engadido de que interactúa de forma oral co xogador/a. Ademais, inclúe:

  • un taboleiro desmontable de doble cara de 94×68 cm. Por unha cara temos un taboleiro (1) con letras, animais e cores (máis sinxelo); pola outra (2), un con obxectos e lugares (máis dificultade).
  • 16 tarxetas direccionais de doble cara, para poder elaborar fisicamente as secuencias completas antes de darlle as indicacións a DOC.
  • e 26 tarxetas de xogo, con indicacións de como chegar a cada cadro do taboleiro 1 (tarxetas vermellas) e desafíos a realizar no taboleiro 2 (tarxetas azuis).

Para comezar a xogar debemos colocar a DOC sempre no punto de inicio. Grazas a iso, DOC sabe onde se atopa en cada momento, podendo darnos indicacións do punto ao que nos temos que dirixir a continuación e dicíndonos se o fixemos ben ou se, pola contra, temos que volver a intentalo.

DOC ten 3 modos de xogo: free (libre, en calquera dos 2 taboleiros ou nos de creación propia, xa que neste modo non da indicacións orais), edu (no taboleiro 1, tendo que seguir as indicacións orais que nos da) e game (no taboleiro 2, tendo que realizar secuencias de máis complexidade).

Aquí vos deixo un vídeo para que o vexades en acción:

E, por último, o mellor: o seu prezo é de 29,95€Sen lugar a dúbidas, dende o meu punto de vista, unhas das mellores opcións para utilizar nas aulas de Educación Infantil.

Un comentario en “DOC, o robot de Clementoni para Educación Infantil

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s