Fontes de texto escolares para descargar

Fontes de texto escolares para descargar

O curso pasado (grazas Lucía) descarguei un tipo de letra (a «ligada”) que non vén por defecto nos procesadores de texto e que me foi moi útil á hora de elaborar material para o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos). Agora, acabo de descubrir unha fonte moi interesante para os de 4º de EI (3 anos) para repasar letras de puntiños e outra que simula escritura de nenos para utilizar en presentacións, dípticos, carteis…. Seguro que moitas de vós xa as coñecíades, pero para as que non, aquí vos deixo un exemplo de cada tipo de letras e os arquivos listos para descargar e instalar no voso ordenador (por se vos gustan e as vedes útiles para elaborar o voso material). Unha vez instaladas, xa as deberíades poder seleccionar en todos os editores de texto que teñades no PC.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.25.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Masallera.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.31.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Codystar.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.46.27

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte kindergarten.

Esta última descargueina da web dafont.com, a cal vos recomendo para descargar outras fontes escolares ou de calquer tipo (artísticas, temáticas…). Nela podedes buscar por categorías (escolar, manuscrito, Halloween, natureza, música…) e encontrar fontes tan chulas como estas para o Nadal, por exemplo:

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.38.55

Colección de cromos de animais [galego]

Colección de cromos de animais [galego]

Dado o seu interese polos cromos (da Liga de fútbol, de Yokai…), ocurréuseme crear unha colección para:

  • Seguir avanzando no proceso de lectoescritura.
  • Traballar sobre o abecedario.
  • Coñecer as letras minúsculas.
  • Aprender nomes de animais en galego.
  • Investigar sobre os animais que veñen no álbum.
  • Categorizar os animais segundo o seu nacemento (vivíparos e ovíparos) e a súa alimentación (herbívoros, carnívoros e omnívoros.

Xa que necesitábamos certa información, cada alumno levou para a casa unha ficha cun animal (as cales vos deixo a continuación) para investigar, polo menos, cómo nacía e de qué se alimentaba.

Unha vez cubertas, fixemos un libro para a biblioteca de aula.

Cada semana «chegan» 4 novos cromos que cada alumno colorea, recorta e pega no seu álbum para ir así completando a coleccción. Ese é o momento para que os nenos que investigaron sobre eses animais expoñan ao resto de compañeiros os seus descubrimentos.

Está resultando unha actividade moi motivadora xa que moitos nenos e nenas esperan con impaciencia a chegada de novos cromos ou algún cromo en particular («profe, cando vai chegar o unicornio?»). Si, unicornio (o resto son reais). En galego non encontrei ningún animal real que comezase por U!

Fichas de lectura para Educación Infantil

Fichas de lectura para Educación Infantil

Neste 3º trimestre, cada alumno/a levará cada venres un conto da biblioteca do centro para ler na casa o fin de semana. Algún destes días (non sempre para que non asocien o ler un conto con facer un «traballo») levarán unha ficha para realizar nos seus fogares. A través delas imos a reflexionar acerca dos distintos elementos do conto, xa que cada unha céntrase nun deles: portada, personaxes, lugar no que se desenvolve a acción e partes do conto (introducción e desenlace). Déixovolas por aquí por se son do voso interese.


Descarga aquí as fichas en PDF