Todos os días, na clase de 4º de Infantil (3 anos), o encargado/a ten que encontrar o seu nome entre todos os da clase. Pero… como saben se realmente o nome que collen é o deles?
Grazas á app Aurasma(dispoñible para Android e iOS), que nos permite crear realidade aumentada ao noso antollo, eles mesmos poden autoavaliarse xa que lles aparecerá na tablet, como por arte de maxia (para eles é «o espelliño máxico») un vídeo do neno ou nena ao que pertence o nome.
Déixovos unha pequena mostra para que vexades como funciona:
Con motivo da celebración do Día de Europa o 9 de maio (día de obrigada conmemoración segundo a Orde de calendario escolar), cada alumno/a coloreou unha bandeira dun país europeo e escribiu o nome do mesmo. Grazas á app Quiver, cando lles toque o recanto das TIC poden ver na tablet todas as bandeiras en realidade aumentada.
Déixovos un pequeno vídeo-resumo da actividade e o material necesario para levala a cabo.
Coa chegada da primavera coloreamos unhas bolboretas que podemos ver en realidade aumentada gracias á app Quiver, da que xa vos falei neste outro post. Este debuxo en concreto vén nun pack que custa 2,99€ e que inclúe esta bolboreta, un dinosaurio (que podedes ver no vídeo que vos deixei no outro post), un acuario, un tiburón e un cabalo.
Para quen non a coñeza, Quiver é unha app que nos permite que certos debuxos «cobren vida» coas cores que nós lle demos. É tan sinxelo como ir ao catálogo de debuxos da súa web, descargar o que máis nos guste e colorealo ao noso antollo. Despois abrimos a app na tablet, enfocamos o noso debuxo e… voilà!
É abraiante ver cómo o alumnado se esforza en colorealo perfecto, sen saírse, porque saben que despois o verán «na realidade». Nós pintámolo toda a clase, gardámolos todos xuntos, e despois cando lles toca o recanto das TICs (no que temos 2 iPads) veno.
A app está dispoñible tanto para Android como para iOS. O catálogo de debuxos que podemos colorear e despois ver en realidade aumentada podédelo ver aquí. Moitos deles son gratis e outros son de pago (adoitan ser paquetes de varios debuxos por 2,99€; por exemplo, eu paguei ese precio por un no que viña o dinosaurio do vídeo que está máis arriba).
CONSELLO: antes de descargar un debuxo para imprimir, abrilo na web e coa app aberta na tablet ver cómo cobra vida, xa que non todos son igual de rechamantes. Ademáis, así comprobamos si é gratuíto ou non, xa que a web permite descargar tódolos debuxos (incluídos os de pago) e, se non o comprobaches, pódeche pasar que che salte que tes que pagar cando te dispoñas a velos unha vez toda a clase os coloreou.