Letras e robótica

Letras e robótica

Un dos moitos contidos que podemos traballar ao mesmo tempo que nos iniciamos na linguaxe de programación manexando o robot Blue Bot son as letras. Este panel permítenos facer moitas actividades, como por exemplo:

  • Organización espacial (para montar o taboleiro, cada un ten que colocar unha letra no lugar que lle corresponde).
  • Asociación de letras maiúsculas coas súas minúsculas.
  • Creación de palabras (aprendendo así a orde na que van as letras das mesmas).
  • Asociación fonema-grafema.
  • Recoñecemento fonolóxico.
  • Actividades relacionadas coas cores.
  • E tódalas actividades que se vos ocorran.

Déixovos un vídeo do alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) do CEIP do Carballal de Marín levando a cabo algunha destas actividades:

Tamén vos deixo un PDF con todas as celas do taboleiro, a imprimir en folios de cores, e as letras en branco para pegar enriba.

Vídeo

Números e robótica

Ao mesmo tempo que desenvolvemos a linguaxe de programación polo uso do robot (neste caso, o Blue Bot), podemos aprender outros conceptos como pode ser a recta numérica. Algún exemplo de actividades que podemos realizar, ordenadas de menor a maior complexidade, son:

1. Tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (conteo e asociación número-cantidade).
2. Tirar os 2 dados e levar o robot ata o número que indican (conteo, iniciación á suma e asociación número-cantidade).
3. Co robot xa ubicado encima dun número, tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (movementos pola recta numérica desde un número).