Vídeo

Realidade virtual en Educación Infantil

realidade virtual (VR) xa está aquí. En educación, podémola utilizar para ensinar certos contidos que son difíciles de entender sen velos, como neste caso, o sistema solar. Gracias a unhas gafas de realidade virtual de cartón mercadas en Amazon  (hainas dende 8,99€, como por exemplo éstas) e unha app chamada Solar System (dispoñible para Android e iOS), alumnado de 6º de EI (5 anos) puido verse por un momento flotando entre planetas. Esta foi a súa reacción:

Vídeo

Vermes de seda a vista de microscopio

Como moitas outras clases por esta época, na nosa de 6º de Educación Infantil (5 anos) tamén temos os nosos vermes de seda. Todos os días, na asemblea, observamos o seu crecemento e dámoslles de comer as súas deliciosas follas de moreira. Pero como son tan pequenos (ao comezo case nin os víamos) ocurréusenos velos co noso microscopio USB conectado ao ordenador do proxector. Foi mol emocionante (para alumnos e para profes) ver eses seres tan cativos nun tamaño tan grande!

Déixovos vídeo do momento:

Fichas de lectura para Educación Infantil

Fichas de lectura para Educación Infantil

Neste 3º trimestre, cada alumno/a levará cada venres un conto da biblioteca do centro para ler na casa o fin de semana. Algún destes días (non sempre para que non asocien o ler un conto con facer un «traballo») levarán unha ficha para realizar nos seus fogares. A través delas imos a reflexionar acerca dos distintos elementos do conto, xa que cada unha céntrase nun deles: portada, personaxes, lugar no que se desenvolve a acción e partes do conto (introducción e desenlace). Déixovolas por aquí por se son do voso interese.


Descarga aquí as fichas en PDF

Enlace

Microscopio USB para utilizar na aula

Este microscopio é ideal para utilizar na clase. Tan só hai que instalar un programa que vén nun CD, conectalo ao ordenador por USB e xa o podemos ver en directo na pantalla. Ademáis, podemos capturar a imaxe con só premer un botón, quedando así gardada no noso PC.

Pódese encontrar en Amazon por tan só 19,99€. Eu merqueino aquí.

microscopio

Na nosa clase de 6º de Educación Infantil (5 anos), analizamos distintos materiais co microscopio: cartón, madeira, papel, tinta de lapis e bolígrafos, pantalóns de distintos tecidos… A modo de xogo, gardamos unha captura de cada un deles e despois fumos pasando as imaxes para ver quen lembraba qué imaxe pertencía a cada material. Lembrábanse de casi todos!

Outro día ocurréusenos utilizalo para ver os nosos vermes de seda, como podedes ver neste outro post.

Sen dúbida trátase dunha nova ferramenta tecnolóxica moi accesible e que nos pode dar moito xogo dentro da aula.

Realidade aumentada con Quiver

Realidade aumentada con Quiver

Para quen non a coñeza, Quiver é unha app que nos permite que certos debuxos «cobren vida» coas cores que nós lle demos. É tan sinxelo como ir ao catálogo de debuxos da súa web, descargar o que máis nos guste e colorealo ao noso antollo. Despois abrimos a app na tablet, enfocamos o noso debuxo e… voilà!

É abraiante ver cómo o alumnado se esforza en colorealo perfecto, sen saírse, porque saben que despois o verán «na realidade». Nós pintámolo toda a clase, gardámolos todos xuntos, e despois cando lles toca o recanto das TICs (no que temos 2 iPads) veno.

A app está dispoñible tanto para Android como para iOS. O catálogo de debuxos que podemos colorear e despois ver en realidade aumentada podédelo ver aquí. Moitos deles son gratis e outros son de pago (adoitan ser paquetes de varios debuxos por 2,99€; por exemplo, eu paguei ese precio por un no que viña o dinosaurio do vídeo que está máis arriba).

CONSELLO: antes de descargar un debuxo para imprimir, abrilo na web e coa app aberta na tablet ver cómo cobra vida, xa que non todos son igual de rechamantes. Ademáis, así comprobamos si é gratuíto ou non, xa que a web permite descargar tódolos debuxos (incluídos os de pago) e, se non o comprobaches, pódeche pasar que che salte que tes que pagar cando te dispoñas a velos unha vez toda a clase os coloreou.

Introdución ao método científico en Educación Infantil

Introdución ao método científico en Educación Infantil

A continuación déixovos un par de fichas de creación propia que deseñei co fin de ensinar ao alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) os pasos do método científico.

Descarga aquí as fichas en PDF

primeira é un experimento con rampas. Para levalo a cabo construímos 3 rampas (con pezas dos xogos de construccións e tubos de papel de cociña), cada unha cunha inclinación diferente. Despois de observalas, cada alumno, na súa ficha individual, tiña que colorear a opción coa que creía que chegaría máis lonxe a canica. Unha vez feita a nosa hipótese, realizamos o experimento tirando unha canica por cada rampa. Medimos cada lanzamento cunha medida non convencional pero significativa para eles como son as pezas coas que realizan construccións e anotamos o resultado coloreando o número de bloques correspondente. Por último, comprobamos se a nosa hipótese foi acertada ou non.

segunda é un experimento parecido ao primero pero, neste caso, con canicas de diferente peso e unha soa rampa. Primeiro medimos o peso das canicas cunha báscula de alimentos (unha pesou 14 e outra 7 gramos, polo que aproveitamos para reflexionar sobre qué número era máis grande e canta diferencia había) e predecimos cal das dúas chegará máis lonxe (coloreando cada un na súa ficha individual). Posteriormente tiramos unha vez cada canica pola rampa, medindo a distancia percorrida coas mismas pezas que no caso anterior. Para finalizar, comprobamos se a nosa hipótese foi acertada ou non.

Vídeo

Números e robótica

Ao mesmo tempo que desenvolvemos a linguaxe de programación polo uso do robot (neste caso, o Blue Bot), podemos aprender outros conceptos como pode ser a recta numérica. Algún exemplo de actividades que podemos realizar, ordenadas de menor a maior complexidade, son:

1. Tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (conteo e asociación número-cantidade).
2. Tirar os 2 dados e levar o robot ata o número que indican (conteo, iniciación á suma e asociación número-cantidade).
3. Co robot xa ubicado encima dun número, tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (movementos pola recta numérica desde un número).