Realidade aumentada con Quiver

Realidade aumentada con Quiver

Para quen non a coñeza, Quiver é unha app que nos permite que certos debuxos «cobren vida» coas cores que nós lle demos. É tan sinxelo como ir ao catálogo de debuxos da súa web, descargar o que máis nos guste e colorealo ao noso antollo. Despois abrimos a app na tablet, enfocamos o noso debuxo e… voilà!

É abraiante ver cómo o alumnado se esforza en colorealo perfecto, sen saírse, porque saben que despois o verán «na realidade». Nós pintámolo toda a clase, gardámolos todos xuntos, e despois cando lles toca o recanto das TICs (no que temos 2 iPads) veno.

A app está dispoñible tanto para Android como para iOS. O catálogo de debuxos que podemos colorear e despois ver en realidade aumentada podédelo ver aquí. Moitos deles son gratis e outros son de pago (adoitan ser paquetes de varios debuxos por 2,99€; por exemplo, eu paguei ese precio por un no que viña o dinosaurio do vídeo que está máis arriba).

CONSELLO: antes de descargar un debuxo para imprimir, abrilo na web e coa app aberta na tablet ver cómo cobra vida, xa que non todos son igual de rechamantes. Ademáis, así comprobamos si é gratuíto ou non, xa que a web permite descargar tódolos debuxos (incluídos os de pago) e, se non o comprobaches, pódeche pasar que che salte que tes que pagar cando te dispoñas a velos unha vez toda a clase os coloreou.

Deja un comentario