Fontes de texto escolares para descargar

Fontes de texto escolares para descargar

O curso pasado (grazas Lucía) descarguei un tipo de letra (a «ligada”) que non vén por defecto nos procesadores de texto e que me foi moi útil á hora de elaborar material para o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos). Agora, acabo de descubrir unha fonte moi interesante para os de 4º de EI (3 anos) para repasar letras de puntiños e outra que simula escritura de nenos para utilizar en presentacións, dípticos, carteis…. Seguro que moitas de vós xa as coñecíades, pero para as que non, aquí vos deixo un exemplo de cada tipo de letras e os arquivos listos para descargar e instalar no voso ordenador (por se vos gustan e as vedes útiles para elaborar o voso material). Unha vez instaladas, xa as deberíades poder seleccionar en todos os editores de texto que teñades no PC.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.25.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Masallera.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.31.29

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte Codystar.

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.46.27

Descarga aquí o arquivo para instalar a fonte kindergarten.

Esta última descargueina da web dafont.com, a cal vos recomendo para descargar outras fontes escolares ou de calquer tipo (artísticas, temáticas…). Nela podedes buscar por categorías (escolar, manuscrito, Halloween, natureza, música…) e encontrar fontes tan chulas como estas para o Nadal, por exemplo:

Captura de pantalla 2017-11-22 a las 20.38.55

Colección de cromos de animais [galego]

Colección de cromos de animais [galego]

Dado o seu interese polos cromos (da Liga de fútbol, de Yokai…), ocurréuseme crear unha colección para:

  • Seguir avanzando no proceso de lectoescritura.
  • Traballar sobre o abecedario.
  • Coñecer as letras minúsculas.
  • Aprender nomes de animais en galego.
  • Investigar sobre os animais que veñen no álbum.
  • Categorizar os animais segundo o seu nacemento (vivíparos e ovíparos) e a súa alimentación (herbívoros, carnívoros e omnívoros.

Xa que necesitábamos certa información, cada alumno levou para a casa unha ficha cun animal (as cales vos deixo a continuación) para investigar, polo menos, cómo nacía e de qué se alimentaba.

Unha vez cubertas, fixemos un libro para a biblioteca de aula.

Cada semana «chegan» 4 novos cromos que cada alumno colorea, recorta e pega no seu álbum para ir así completando a coleccción. Ese é o momento para que os nenos que investigaron sobre eses animais expoñan ao resto de compañeiros os seus descubrimentos.

Está resultando unha actividade moi motivadora xa que moitos nenos e nenas esperan con impaciencia a chegada de novos cromos ou algún cromo en particular («profe, cando vai chegar o unicornio?»). Si, unicornio (o resto son reais). En galego non encontrei ningún animal real que comezase por U!

Bandeiras de Europa en realidade aumentada

Bandeiras de Europa en realidade aumentada

Con motivo da celebración do Día de Europa o 9 de maio (día de obrigada conmemoración segundo a Orde de calendario escolar), cada alumno/a coloreou unha bandeira dun país europeo e escribiu o nome do mesmo. Grazas á app Quiver, cando lles toque o recanto das TIC poden ver na tablet todas as bandeiras en realidade aumentada.

Déixovos un pequeno vídeo-resumo da actividade e o material necesario para levala a cabo.



Crea os teus propios xogos para tablet e PC

Crea os teus propios xogos para tablet e PC

A app Tiny Tap, dispoñible tanto para iOS como para Android e tamén en versión web, permítenos crear xogos cos que despois vamos a poder divertirnos (e aprender) no noso recanto de aula adicado ás novas tecnoloxías, xa que poderemos xogar tanto nunha tablet (preferiblemente) como nun ordenador.

Ademáis de pola súa sinxeleza (é súper intuitiva e podemos grabar a voz ao instante coa tablet), destaca pola opción que nos da de facer os nosos xogos privados. Desta forma, podemos introducir nos xogos fotos e/ou voces do noso alumnado para que así sexan más significativos, coa seguridade de que só estarán dispoñibles para nós.

Mais se non tes tempo de crear o teu propio xogo, tamén podes xogar aos centos deles que outras persoas crearon e fixeron públicos, os cales aparecen na app organizados por idades e categorías.

Déixovos uns cantos exemplos dalgún dos xogos de creación propia aos que xogan no iPad no recanto das TIC:

1. Xogo con 24 pantallas (unha por cada alumno) na que teñen que ir seleccionando o nome do alumno/a que aparece na foto e do que escoitamos o seu nome (cada alumno grabouse dicindo o seu nome na pantalla na que aparece a súa foto):

2. Xogo no que temos que completar os nomes dos nosos compañeiros arrastrando as letras ao lugar correspondente:

3. Xogo no que lle poñemos voz aos nosos murais de clase. Cada alumno grabou unha palabra e agora podemos escoitar e aprender, de boca dos nosos compañeiros, qué pon en cada sitio con tan sólo premer na palabra que queremos escoitar.

Letras e robótica

Letras e robótica

Un dos moitos contidos que podemos traballar ao mesmo tempo que nos iniciamos na linguaxe de programación manexando o robot Blue Bot son as letras. Este panel permítenos facer moitas actividades, como por exemplo:

  • Organización espacial (para montar o taboleiro, cada un ten que colocar unha letra no lugar que lle corresponde).
  • Asociación de letras maiúsculas coas súas minúsculas.
  • Creación de palabras (aprendendo así a orde na que van as letras das mesmas).
  • Asociación fonema-grafema.
  • Recoñecemento fonolóxico.
  • Actividades relacionadas coas cores.
  • E tódalas actividades que se vos ocorran.

Déixovos un vídeo do alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) do CEIP do Carballal de Marín levando a cabo algunha destas actividades:

Tamén vos deixo un PDF con todas as celas do taboleiro, a imprimir en folios de cores, e as letras en branco para pegar enriba.

Fichas de lectura para Educación Infantil

Fichas de lectura para Educación Infantil

Neste 3º trimestre, cada alumno/a levará cada venres un conto da biblioteca do centro para ler na casa o fin de semana. Algún destes días (non sempre para que non asocien o ler un conto con facer un «traballo») levarán unha ficha para realizar nos seus fogares. A través delas imos a reflexionar acerca dos distintos elementos do conto, xa que cada unha céntrase nun deles: portada, personaxes, lugar no que se desenvolve a acción e partes do conto (introducción e desenlace). Déixovolas por aquí por se son do voso interese.


Descarga aquí as fichas en PDF