Colección de cromos de animais [galego]

Colección de cromos de animais [galego]

Dado o seu interese polos cromos (da Liga de fútbol, de Yokai…), ocurréuseme crear unha colección para:

  • Seguir avanzando no proceso de lectoescritura.
  • Traballar sobre o abecedario.
  • Coñecer as letras minúsculas.
  • Aprender nomes de animais en galego.
  • Investigar sobre os animais que veñen no álbum.
  • Categorizar os animais segundo o seu nacemento (vivíparos e ovíparos) e a súa alimentación (herbívoros, carnívoros e omnívoros.

Xa que necesitábamos certa información, cada alumno levou para a casa unha ficha cun animal (as cales vos deixo a continuación) para investigar, polo menos, cómo nacía e de qué se alimentaba.

Unha vez cubertas, fixemos un libro para a biblioteca de aula.

Cada semana «chegan» 4 novos cromos que cada alumno colorea, recorta e pega no seu álbum para ir así completando a coleccción. Ese é o momento para que os nenos que investigaron sobre eses animais expoñan ao resto de compañeiros os seus descubrimentos.

Está resultando unha actividade moi motivadora xa que moitos nenos e nenas esperan con impaciencia a chegada de novos cromos ou algún cromo en particular («profe, cando vai chegar o unicornio?»). Si, unicornio (o resto son reais). En galego non encontrei ningún animal real que comezase por U!

2 comentarios en “Colección de cromos de animais [galego]

  1. É unha idea estupenda! Encántame! Poderiasme dicir de onde se poden sacar as imaxes, gustariame mudar algunhas por outros animais. Mil grazas por compatir!

    Me gusta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s