As competencias na Educación Infantil

As competencias na Educación Infantil

Son as competencias un elemento prescritivo do currículo na etapa de Educación Infantil? Cales tomamos como referencia, as básicas ou as clave? Desenvolvémolas realmente nas nosas aulas?

Para contestar ás dúas primeiras cuestións basta con botar unha ollada á lexislación vixente. Primeiro, buscando no marco normativo da propia etapa (Real Decreto 1630/2006, Decreto 330/2009 e Orde do 25 de xuño de 2009) todo o que aparece relativo ás «competencias». E segundo, buscando na normativa máis recente sobre competencias (Orde ECD65/2015) o termo «educación infantil».

Para contestar á terceira pregunta, tal e como nos di a Orde do 25 de xuño de 2009, cada docente deberá avaliar a adecuación da súa proposta metodolóxica na contribución á adquisición das competencias básicas.

Todo isto foi o que tratamos nas xornadas organizadas polo CFR de Pontevedra Avaliar para ensinar a aprender que tiveron lugar en Pontevedra e Lalín. A continuación déixovos en PDF a parte relativa a Educación Infantil do noso relatorio: Avaliación de proxectos da CMCT na EI e EP (con Charo Martínez). Podedes ver a nosa presentación completa (coa parte de Primaria incluída) así como as do resto de relatores (Neus Sanmartí, Diego Ojeda e Manuel Torres) no seguinte enlace.

Deja un comentario