Este microscopio é ideal para utilizar na clase. Tan só hai que instalar un programa que vén nun CD, conectalo ao ordenador por USB e xa o podemos ver en directo na pantalla. Ademáis, podemos capturar a imaxe con só premer un botón, quedando así gardada no noso PC.
Pódese encontrar en Amazon por tan só 19,99€. Eu merqueino aquí.
Na nosa clase de 6º de Educación Infantil (5 anos), analizamos distintos materiais co microscopio: cartón, madeira, papel, tinta de lapis e bolígrafos, pantalóns de distintos tecidos… A modo de xogo, gardamos unha captura de cada un deles e despois fumos pasando as imaxes para ver quen lembraba qué imaxe pertencía a cada material. Lembrábanse de casi todos!
Outro día ocurréusenos utilizalo para ver os nosos vermes de seda, como podedes ver neste outro post.
Sen dúbida trátase dunha nova ferramenta tecnolóxica moi accesible e que nos pode dar moito xogo dentro da aula.