Vídeo

Realidade virtual en Educación Infantil

realidade virtual (VR) xa está aquí. En educación, podémola utilizar para ensinar certos contidos que son difíciles de entender sen velos, como neste caso, o sistema solar. Gracias a unhas gafas de realidade virtual de cartón mercadas en Amazon  (hainas dende 8,99€, como por exemplo éstas) e unha app chamada Solar System (dispoñible para Android e iOS), alumnado de 6º de EI (5 anos) puido verse por un momento flotando entre planetas. Esta foi a súa reacción:

Vídeo

Vermes de seda a vista de microscopio

Como moitas outras clases por esta época, na nosa de 6º de Educación Infantil (5 anos) tamén temos os nosos vermes de seda. Todos os días, na asemblea, observamos o seu crecemento e dámoslles de comer as súas deliciosas follas de moreira. Pero como son tan pequenos (ao comezo case nin os víamos) ocurréusenos velos co noso microscopio USB conectado ao ordenador do proxector. Foi mol emocionante (para alumnos e para profes) ver eses seres tan cativos nun tamaño tan grande!

Déixovos vídeo do momento:

Vídeo

Números e robótica

Ao mesmo tempo que desenvolvemos a linguaxe de programación polo uso do robot (neste caso, o Blue Bot), podemos aprender outros conceptos como pode ser a recta numérica. Algún exemplo de actividades que podemos realizar, ordenadas de menor a maior complexidade, son:

1. Tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (conteo e asociación número-cantidade).
2. Tirar os 2 dados e levar o robot ata o número que indican (conteo, iniciación á suma e asociación número-cantidade).
3. Co robot xa ubicado encima dun número, tirar un dado e levar o robot ata o número que indica (movementos pola recta numérica desde un número).